Bícame, néboa

E alí arredor desa praia

que o nome deu ó teu lar

as ondas berran na néboa

que sempre con nós ficarás

– JESÚS SUÁREZ, 1906: A forza de Hércules

A Coruña, 12 de xaneiro de 2020

Xa, eu desexo o bico da néboa. Non hai nada máis “eu” que este tipo de imaxes mentais. Por un lado, eu sempre fun unha persoa moi romántica e intensa – mirando cara atrás, moitas veces mesmo demasiado. Por outra banda, sempre tiven unha gran imaxinación – efectivamente, a miña irmaciña sempre di que son artista porque me gusta esbozar debuxos. Entón, xa a primeira vez que me atopei neste lugar, non me puiden resistir á súa fascinación.

Frío? Quizais un pouco, mais podería ser mooooito peor. Fai vento? Moitas veces, si, pero sen dúbida non é peor que na miña (mediterránea) cidade natal. Húmido? A miúdo, si. Porén, a min non me importa. Pola contra, gústame inmensamente a Cidade de Cristal. Que lles podo dicir? A forte sensación que sentín ao subir á torre nun día de sol raro, algúns meses atrás, é moi difícil de describir (dixen “raro”, porque a néboa é moito máis típica que o sol, aquí). Non vira a Coruña dende hai sete anos. Foi un golpe emocional intenso, que me trouxo unhas bágoas aos ollos. E pasear pola cidade sempre me dá moita alegría, non me importa moito o tempo, intento evitar saír se é tormentoso, pero se no podo … ben, se chove, que chova! A chuvia non afecta a beleza da cidade. O pracer de paseala, un pouco si, pero non demasiado.

Situada no recuncho máis escuro de España, dominada por un faro romano, rodeada polo Atlántico, para min, A Coruña é algo máxico que sabe tocar os puntos máis profundos da miña ánima. A Costa da Morte atópase nesta rexión, aqui a xente celebra Noite Meiga e cre en Santa Compaña: non pode ser un caso (por certo, a min sempre me encantaron o death metal e as películas de terror). Quero que me acaricies, néboa. Envólveme nunha aperta. E, por fin, bícame. Lentamente. Suavemente. Ainda que fose soamente unha vez, seguramente eu nunca o esequecerei. E, mentres debuxo o faro da cidade nos meus esbozos, espero que o faro tamén debuxe o meu camiño. Brigantia divina urbs…

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: