Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

A balea de Isabel

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

Ía moi bo tempo na Punta do Leste, o sol brillaba no ceo azul e a natureza parecía pintada por un impresionista. Ía unha calor incrible pola costa uruguaia: ese agosto foi o mes máis caloroso que Isabel puidese lembrar. Aínda que xa tiña máis de trinta anos, a miúdo ela pensaba na súa nenez. Esa era unha das súas lembranzas favoritas. Axiña cha vou contar.

Isabel quedara con outros nenos para se encontraren na praia e logo marcharen para a casa de Manolo. Había un millón de razóns polas que a ela lle encantaba o verán, mais a máis importante era os novos amigos que facía. Ela nacera en Maldonado e toda a súa familia era de aí, así como os seus compañeiros de clase. Sen embargo, nos meses de xullo e agosto, a Punta do Leste enchíase de turistas de toda América, e cada día podía coñecer a moitos novos amigos. Todo mundo estaba alegre e a cidade era vibrante: a crisis bancaria que cedo axeonllaría o país aínda estaba lonxe.

Mentres marchaba cara a parada do autobús, ouviu a súa nai chamándoa para dicirlle que se esquecera o traxe de baño na cociña. “Un día destes vas te esquecer a cabeza, nena, en serio”. Dona Teresa, que era una persoa moi precisa e cumpridora, tíñallo dito desde había tempo. A nena sorriu. Sabía que a súa nai tiña toda a razón, como case sempre.

Ao perder o primeiro autobús, Isabel chegou á Gorgorita moi tarde e todos os seus amigos xa marcharan. En cambio, había moita xente, moita máis que o usual, mesmo chegara a policía. Resulta que, no abalo, unha balea quedara varada, arremuiñada ao cabo da praia. Como Isabel nunca vira unha balea antes, a súa curiosidade levouna a achegarse para observar esta criatura tan grande. Parecíalle que estivese a sufrir moito e iso púxoa moi triste. Sempre Isabel fora así: auténtica, empática e instintiva. Sentía as emocións das outras persoas dentro de si mesma, queríalle a todo o mundo e desexaba que todos fosen felices. Sen pensar, achegouse ao animal e abrazouno. De súpeto, a balea parecía sentirse mellor. Respiraba, estaba viva. A Protección Civil arrastrouna ao mar aberto e un remolcador do Salvamento Marítimo levouna no alto mar. O día seguinte, Isabel leu no diario local que o cetáceo se salvara e iso púxoa moi alegre.

Esa mesma noite, unha pequena fada apareceulle nun soño. “Entendiches o que pasou, Isabel?”, preguntoulle. “A balea non estaba viva, sabes?”. Isabel ficou paralizada. “Non, non o estaba. Nin viva, nin morta. Non era unha balea na verdade, senón unha ilusión.” A nena poñíase cada vez máis curiosa. “Nai Natureza quixo xogar un pouco con vostedes, os humanos”. “De cando en vez, faino, sabes?” A fada sorriulle á nena. “Iso da balea era un test. Había un animal que estaba a sufrir, e arredor da criatura un monte de persoas que soamente miraban e falaban sobre algúns aspectos técnicos. O pobre cetáceo ía morrer. Logo, chegaches ti, e fixeches o que se precisaba facer. Amosácheslle empatía e, dun xeito sinxelo, décheslle todo o cariño do que ti es capaz. E a sincera luz do teu pequeno corazón abondou para encher de vida mesmo a un animal deste tamaño.

“A balea é un símbolo, Isabel. Isto é o que a Terra precisa dos humanos. A acción de cada persoa ten consecuencias enormes para o planeta. O mundo é moi grande, máis ninguén é demasiado pequeno para facer unha gran diferencia. E a miúdo non se precisa de plans e estratexias, senón só un pouco de coidado, un pouquiño de corazón.” Isabel aínda lembra que, a mañá seguinte, espertouse sorrindo. “Que cousa xenial aprendín onte á noite! Espero que, ao ter fillos, sexa capaz de transmitirllela!”

O barullo dunha chave, de súpeto, interrompeu o seu pensamento. “Ai, Miguel, sempre que voltas á casa, asústasme… Un pouco de delicadeza…” pensou a muller… mais non houbo tempo para as queixas… un pequeno terremoto louro de nove anos chegou correndo e saltando a abrazala. “Coidado, Silvia, vas romperme o pescozo!”, recomendoulle rindo a muller. “¡Mamá, mamá! ¿Sabes o que nos aconteceu na praia? ¡É incríbel!” berrou a nena. “Séntate que axiña cho vou contar: non o vas crer!” Isabel preparou un zume de laranxa natural para que, máis que nada, a nena asumise a súa dose diaria de vitamina C. Pois, as dúas sentáronse á mesa. Isabel puxérase curiosa. “Pois, en canto chegamos á Gorgorita, vimos que había un monte de persoas, era incríbel, nunca vira tantas persoas na nosa praia. Axiña nos chegou a nova: parece que unha balea, hoxe… “Mamá, mamá, por que estás a chorar?” “Non estou a chorar, nena. Teño algo no ollo. Segue, segue a contar”, contestoulle a muller. Unha mentira inocua: por suposto que está a chorar. Da felicidade. Coñece ben o resto da historia. E agora sabe que a súa filla ten o seu mesmo corazón. E mañá pola noite, encontrará a mesma fada que ela coñeceu, hai moitos anos. 😊

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: