Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Fálame, Lúa

Háblame Luna, te quiero escuchar,

tú cuéntame lo que será…

BASIC CONNECTION, Háblame Luna

A Coruña, 6 de febreiro de 2020

Fálame, Lúa, no inusitado, intenso silencio de esta noite no que xa está a se mergullar o barrio de Catro Camiños. Véxote, escondida detrás de todas as nubes que envolven o ceo, suavizando a súa pinta negra. Non sexas tímida, rógoche. Nesta melancólica noite de febreiro, podo, e quero, finalmente ouvir a túa voz. Sei que tes de contarme verdades e mitos, lendas e segredos da historia do mundo. Non te abstés de facelo, estouche a escoitar, imos pasar esta noitiña xuntos. E aínda máis, déixame descubrir os teus pensamentos, os teus sentimentos. Amósame o que arde dentro de ti, xuro que non che vou xulgar. Cóntame que é que se move dentro de ti, que ficas tan lonxe do meu lar de onde te falo, e con todo, síntote tan preto de min. Eu non sei quen es ti, pequeno disco de mel, porque dás roldas arredor desta terra a miúdo tan tola, e aínda así, cada hora e cada dia quero máis. Eu non sei quen ti es, que nos miras desde fóra, que entras secretamente polas xanelas das nosas casas, para quedarte unhas horas con nós, antes de marcharte e deixar paso á esoutra bola, á calda que xurde e nos quenta os corazóns, borrando dun golpe todos os medos e as inseguridades no seu fluxo de luz branca, amarela, laranxa e vermella. Eu non sei quen ti es, ti que me miras de arriba coa túa mirada que parece tan chea de preguntas, dúbidas e palabras non ditas. Eu non sei quen ti es, mais lembro que, en calquera momento da miña vida, ti estabas aí, e aínda hoxe estás. Non podes negalo, ao botarlle unha ollada ao ceo nocturno, sempre te vexo. Aínda que algúns dias non podía verte, sempre sento a túa presencia. Sei que me estabas a observar, sen dicir nada. Eu non sei quen ti es, pero de algún xeito te coñezo e, moitos máis aínda, sei que ti sabes todo sobre min. E aínda que leve unha vida querendo falar contigo, sempre había demasiado barullo para facelo. Sempre pensei que, ao falarmos, debería ser nun momento máis íntimo. Sen interrupcións, sen testemuñas, sen ninguén que nos puidese molestar. Ese momento chegou, ou así semella, a metades deste inverno tranquilo. Agora, estamos apenas ti e eu: a feble luz do meu cuarto xa está apagada. No escuro fondo desta rara noite ártabra, fálame Lúa.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: