Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Tenrura e nada máis

I’ve told a million lies but now I tell a single truth: there’s you in everything I do. IMAGINE DRAGONS, I bet my life A Coruña, 7 de maio de 2020 Este é un día moi especial para min: pola primeira vez dende o comezo do confinamento, volto á estación de autobuses, aínda pechada, paraSeguir lendo “Tenrura e nada máis”

A importancia dos feitos morais

A Coruña, 8 de abril de 2020 Algúns anos atrás, lin un artigo en USA Today sobre unha escola primaria estadounidense, creo de Nova York. No artigo, un ensinante explicaba que eles lles ensinan aos nenos a diferencia entre feitos e opinións. Había incluso a foto dunha “infografía” que fixeron os alumnos e que osSeguir lendo “A importancia dos feitos morais”

A poesía urbana dos “non lugares”

A Coruña, 26 de febreiro de 2020 Eu nacín en Xénova, no noroeste de Italia, e medrei nunha pequena vila xusto ao lado da cidade. Os meus pais aínda viven alí, no mesmo piso. Probablemente, a xeración dos baby-boomers foi a derradeira (quizais a única?) que tivo a posibilidade de mercar un piso de maneiraSeguir lendo “A poesía urbana dos “non lugares””

Kronos, kairós e akrasia na galaxia das escolmas

“Recuerda que cuando dedicas un minuto a una cosa, dejas de dedicarlo a otra. Y ese minuto no volverá nunca” CRISTINA BENITO, Time mindfulness “Lascio andarmi fuori ora, lascio tutto fuori: la tranquillità dei ruoli, la via lattea degli errori” ASSALTI FRONTALI, Va tutto bene A Coruña, 25 de febreiro de 2020 Palabras como “elección”,Seguir lendo “Kronos, kairós e akrasia na galaxia das escolmas”

Os meus arxentinismos adquiridos e perdidos

A Coruña, 17 de febreiro de 2020 Aprendín as bases da lingua castelá durante os tres anos da diplomatura, hai un montón de anos. Tiven profesoras de varios países: españolas, naturalmente, máis tamén latinoamericanas. Outras non eran falantes nativas de castelán, senón que viñan doutros países europeos. De todos os xeitos, todas elas eran doutorasSeguir lendo “Os meus arxentinismos adquiridos e perdidos”

A balea de Isabel

A Coruña, 11 de febreiro de 2020 Ía moi bo tempo na Punta do Leste, o sol brillaba no ceo azul e a natureza parecía pintada por un impresionista. Ía unha calor incrible pola costa uruguaia: ese agosto foi o mes máis caloroso que Isabel puidese lembrar. Aínda que xa tiña máis de trinta anos,Seguir lendo “A balea de Isabel”

Fálame, Lúa

Háblame Luna, te quiero escuchar, tú cuéntame lo que será… BASIC CONNECTION, Háblame Luna A Coruña, 6 de febreiro de 2020 Fálame, Lúa, no inusitado, intenso silencio de esta noite no que xa está a se mergullar o barrio de Catro Camiños. Véxote, escondida detrás de todas as nubes que envolven o ceo, suavizando aSeguir lendo “Fálame, Lúa”