Kronos, kairós e akrasia na galaxia das escolmas

“Recuerda que cuando dedicas un minuto a una cosa, dejas de dedicarlo a otra. Y ese minuto no volverá nunca”

CRISTINA BENITO, Time mindfulness

“Lascio andarmi fuori ora, lascio tutto fuori: la tranquillità dei ruoli, la via lattea degli errori”

ASSALTI FRONTALI, Va tutto bene

A Coruña, 25 de febreiro de 2020

Palabras como “elección”, “escolla”, o “decisións” óuvense continuamente durante o día. Isto é normal porque, ao cabo, cada día tomamos un número incrible de decisións, no que di respecto aos máis distintos aspectos das nosas vidas: que marmelada queremos para o almorzo, si nos convén ir ao traballo en autobús ou a pe, que queremos facer na fin de semana, etc. Cantas veces nun día tomamos decisións? Un montón. Estes soamente son algúns exemplos moi sinxelos e bastante obvios de casos nos que temos de decidir sobre algo. Porén, hai un asunto máis básico no que tomamos decisións moitas veces cada día, a maioría das veces dun xeito inconsciente: a xestión do tempo. A importancia deste asunto simplemente non se pode esaxerar: a nosa existencia desenvólvese no tempo, o tempo é o recurso máis valioso que temos. É un recurso moi limitado, así que sería preciso escoller como utilizalo con moita atención e consciencia. Con todo, a miúdo tomamos decisións pouco sabias sobre a súa xestión. Mellor aínda, renunciamos a decidir como utilizar este recurso, deixándonos levar adiante pola inercia.

Pódense encontrar libros sobre este asunto na sección ‘auto-axuda’ de calquera librería, seino. É una sección moi de moda neste período e, como sempre, ao converterse algo en moda, aparece unha cantidade incrible de publicacións, a gran maioría de valor discutible. Con todo, escondidas nun mar de lixo, sempre hai obras que contribúen boas ideas e reflexións. No seu libro Time Mindfulness, na miña opinión un texto rico de aportes de valor, Cristina Benito recórdanos unha distinción moi importante entre dúas dimensións distintas relacionadas co tempo, que herdamos da Antiga Grecia: “kronos” e “kairós”. Kronos é á dimensión cuantitativa do tempo, a que se pode medir en segundos, minutos, horas, días, etc. (de aí palabras como “cronómetro”, “cronoloxía”, etc.). Kairós, pola contra, refírese á calidade do tempo; en particular, ao sentirse en sintonía co mundo no momento presente. Noutras palabras, estar arraigado no aquí e agora.

Agora ben, podería parecer que estamos a falar de conceptos moi filosóficos, etéreos, de algún xeito afastados da realidade concreta das persoas, pero non é así. Moi a miúdo tardamos en chegar a cumprimento as nosas tarefas diarias, en particular aquelas que precisan dun esforzo particular ou que nos resultan difíciles o aburridas. Sen embargo, canta concentración e atención dedicamos a levalas a cabo? Lembro moi ben que, ao escribir a miña tese de doutoramento, moi a miúdo o traballo progresaba dun xeito extremadamente lento. Ao cabo, creo que case a metade das xornadas as pasaba a controlar a caixa de correo electrónico, o feed de Facebook, ou a buscar outras informacións en internet que non soamente non era urxente, en xeral tampouco eran importantes e, de todos os xeitos, eran totalmente irrelevantes ao capítulos que estaba a redactar. Como resultado, pasaba todas as fins de semana sentado fronte ao computador e, cada vez que me informaban dun evento interesante nos arredores das cidade universitaria onde vivía entón, cerquiña de Manchester, sempre pensaba “que pena, non ter tempo”. A verdade é que o tempo o tiña: simplemente, estaba acostumado a tirar ao lixo boa parte dos meus días, é dicir, da miña vida.

No mesmo libro, Cristina Benito menciona a noción socrática e aristotélica de “akrasia”: a tendencia (tipicamente humana) a actuar contra o que sería mellor para nós mesmos. A miúdo facemos exactamente isto, a pesar de que sabemos que estamos a boicotear os nosos obxectivos ou, mesmo, os nosos soños. Para usar unha palabra máis sinxela e común, estamos a falar da procrastinación, que nos leva a sacrificar os beneficios a largo prazo por unha pequena (a miúdo, ilusoria) gratificación inmediata. No devandito caso, non sei cantos eventos interesantes perdín por estar ao tanto do que pasaba en Facebook. Decisións erradas sobre a xestión dos minutos obrigábanme a tomar decisións desagradables sobre a xestión dos meus días.

Este soamente é un exemplo, mais estas cousas nos pasan a miúdo. Demasiadas veces se ouven persoas queixándose das redes sociais ou de WhatsApp ou non sei que outro recurso moderno por que “nos fan malgastar tempo”. Isto é absurdo e infantil. Antes que nada, a procrastinación sempre existiu e é un hábito ao que todos os seres humanos tendemos, está na nosa natureza, así que hai que acabar con tirarlle a culpa á modernidade. Segundo, e moito máis importante, as ferramentas son tan boas como o uso que facemos delas, nin máis, nin menos. Temos que deixar de sentirnos vítimas de axentes exóxenos e tomar responsabilidades das nosas decisións: a maneira na que xestionamos o noso tempo é unha delas. Por que estou a dicir isto? Ben, pasei máis de trinta anos da miña vida a malgastar o meu tempo e a queixarme e a procurar maneiras de evitar admitir que a causa maior dos meus problemas estaba dentro de min. Unha pésima xestión do tempo é soamente unha das costumes tóxicas na miña existencia. Custábame demasiado admitir que tiña que cambiar algúns (moitos, na verdade) hábitos na miña existencia, porque o cambio sempre comporta una inversión de tempo e enerxías enorme e a nosa mente opón unha resistencia incrible. O que a miúdo non se percibe é que vale realmente a pena de cuestionar estes hábitos e atreverse a comezar un camiño cara unha vida máis organizada, máis tranquila, sen engadir estrés innecesario aos meus días.

A xeito de conclusión, mencionarei unha reflexión que encontrei noutro libro moi interesante no que me atopei recentemente, aínda que se publicou no ano 2013, Que harías si no tuvieras miedo de Borja Vilaseca. O autor, cara o final do libro, recórdanos a importancia do “memento mori”: lembrarnos que un día temos que morrer pode axudarnos a atrevérmonos a tomar decisións guiadas polos nosos valores e a darlles a prioridade ás cousas realmente importantes das nosas vidas, como os nosos obxectivos a largo prazo, as nosas familias e as outras persoas que queremos, aos nosos intereses, etc. Isto implica, dalgún xeito, tomar decisións máis sabias no que di respecto a nosa xestión do tempo, tendo ben claro que cada minuto que pasa ten un grande valor. Precisamos de respectar este recurso, que é o máis valioso que temos, e aprender a reducir as malgastas para que nos quede tempo para as persoas e as cousas que realmente son importantes para nós. Unha mellor conciencia da forma en que pasamos o noso tempo será un compás fundamental que nos axudará a tomar o control da situación e atopar o noso camiño na galaxia das escolmas. Como consecuencia a calidade da nosa vida mellorará. 😊

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: