Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Nin santas, nin meigas, nin fadas

O sistema me apunta maconheira, heresia,

feminista vagabunda, negra de periferia

SISTAH CHILLI, Babilônia vai cair

A Coruña, 2 de marzo de 2020

Achégase o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Esta data é moi importante para min, probablemente porque as figuras clave na historia do meu desenvolvemento persoal foron mulleres (agás o meu pai, que tamén é unha persoa xenial, mais dun xeito diferente). Tiven sorte. Ter como exemplo persoas como a miña nai, as miñas tías e dúas irmás (as persoas que máis quero no mundo) permitiume realmente aprender case todo o que sei – ou creo que sei – sobre a vida. Non estou a falar tanto de nocións, senón da actitude cara o mundo (aínda que elas, sobre todo a miña nai, tamén me ensinaron a facer moitas cousas). Malia medrar, como todo o mundo, nunha sociedade estruturalmente machista, aprendín bastante pronto a recoñecer a vacuidade dos estereotipos de xénero perpetuados pola tradición e os medios de comunicación. Dende que era neno, aprendín a moverme polo mundo guiado por un compás esencialmente feminino e creo que iso axudoume moito a aprender valores como a resiliencia (esta foi un factor fundamental nos anos nos que sufrín unha seria depresión), a positividade, a abertura mental. Sobre todo, decateime moi pronto dunha verdade que a nosa tradición cultural sempre intentou falsificar: características como a forza, a decisión e o valor, que sempre nos mostraron como índices de virilidade, son valores máis intrinsecamente femininos que masculinos. Ou, polo menos, isto é o que observei na miña experiencia. Polo tanto, sempre sentín un gran respecto para as mulleres.

Con todo, a miña nai detesta este día, e ela ten a súa parte de razón. Hai moito paternalismo institucional neste tipo de celebracións: é verdade que pouco sirve termos un día da muller cando na vida diaria a paridade de xénero está moi lonxe de ser realidade. A pouco serven, máis xeralmente, as palabras. Facta, non verba. Lembrarmos as mulleres que morreron naquel “accidente laboral” (eufemismo para asasinato de clase, mais profundar nisto nos levaría fóra do asunto deste artigo) é sen dúbida un acto moi importante, así como cómpre lembrarmos todas as mulleres que foron vítimas do machismo sistemático da nosa sociedade; porén, durante décadas todo isto soamente foi unha fazada. Hai que cambiar as cousas ou, como dixo máis de vinte años atrás un slogan nun disco dunha banda hardcore punk italiana (non lembro si foran os Sottopressione de Milán ou os Kafka de Xénova), “a conciencia, ao non xerar acción, é peor que a ignorancia”. Non precisamos dunha pasarela institucional, senón de cambios estruturais no xeito de pensar o mundo e a sociedade. Precísase cambiar as mensaxes que as crianzas reciben desde pequenos. A narrativa das películas de John Wayne, temos que deixármola atrás. Paréceme que a situación está mellorando un pouco, pero dunha maneira extremadamente lenta.

De feito, a nosa tradición cultural, que – no ben como no mal – modelouse en gran parte polo aporte do catolicismo, deunos unha perspectiva bastante polarizada sobre a figura da muller. Por unha banda, temos a virxe María, totalmente pendente do seu froito masculino, e outras personaxes femininas totalmente sometida – quer a unha autoridade divina paterna (por que Deus non podería ser muller, por exemplo?), quer aos homes do seu entorno. Por outra parte, hai figuras que non respectan este guión, que se describen como prostitutas ou persoas da ánima corrupta (nunha entrevista para o canal de YouTube Panelaço, o rapper brasileiro Eduardo Taddeo sostén que a palabra prostituta deberíase substituír con prostituída, movendo a responsabilidade do individuo á sociedade, quitándolle calquera connotado que poida vehicular unha idea de voluntariedade – deixo aquí a ligazón ao vídeo). Non fai falta recordármoslles aos galegos (ou, máis en xeral, aos españois e aos europeos) a figura lendaria da meiga, tanto utilizada pola Igrexa na Idade Media, que fixo un número incrible de vítimas totalmente inocentes, a miúdo recorrendo á tortura.

Outra figura feminina que fai parte do imaxinario cultural da nosa sociedade é a fada: unha criatura fantástica benigna, de natureza etérea, que aparece para axudar por arte de maxia aos protagonistas (sexan este femininos ou masculinos) dun conto a superaren os seus obstáculos. Estas personaxes xogan un papel positivo na historia, pero aínda así a mensaxe que se transmite describe unha figura feminina ao servizo dos outros, dos que está pendente para ter un sentido no mundo. Moi recentes son as personaxes femininas que gozan dunha vida propia, independente. E esta aserción feminina na actualidade non é aceptada por unha porcentaxe moi ampla da sociedade, en particular unha parte considerable (maioritaria?) dos homes. Eu sempre estiven convencido de que o machismo non se arraiga na crenza que as mulleres son inferiores ao homes, senón na incapacidade de aceptar que isto non é verdade. O que move o pensamento e as accións do machismo é o terror de confrontarse dun xeito aberto e saudable coas mulleres. O machista é un pusilánime, nada máis, nada menos: as verdades asústano. E un machismo de sistema convértenos nunha sociedade covarde. É tempo de deixármonos atrás esta herdade maldita de violencia e construírmos un modelo de sociedade baseado na harmonía entre todas as persoas (e, máis xeral, as formas de vida). O modelo pos-capitalista ultracompetitivo de economía (e, por conseguinte, de política e sociedade), é un fracaso porque xera distincións artificiosas, amargando as nosas existencias e levándonos aos enfrontamentos. Esta situación está seriamente ameazando a supervivencia da humanidade como especie. É tempo de mirármonos nos ollos, sorrirmos e dedicármonos ao que podemos facer para axudármonos mutuamente.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: