Non hai nada malo en ti

Arrependei-vos pecadores / a penitência purifica / o sangue escorre, a dor fascina / só o medo te faz rezar.

SEPULTURA & J. GORDO, Reza

A Coruña, 02 de xullo de 2020

Xa, caíches. Tiñas algo que facer e fixéchelo mal (ou quizáis mesmo fixeches algo malo). E agora mesmo estaste a sentir incómodo. O sentido de culpa éncheche o estómago e bloquéache as costas. “Por que?”, voltas a preguntarte a ti mesmo, unha e outra vez, “porque non o fixen mellor? Porque non puiden actuar do xeito máis certo?” O pensamento ségueche a dar o tormento. Supoño que, polo menos a algúns dos lectores, este escenario lles resulta familiar. Sempre chega un momento no que un cae, non importa cal sexa a trampa. Pode ser calquera cousa. Sobre todo, cómpre notarmos que pode chegar de súpeto, inclusive no período no que menos o esperamos. E, nestes casos, doe moito máis: caer dende o alto sempre fai máis dano. Creo que a meirande parte das veces a culpa nin sequera é nosa. Pόdese aprender a mellorar co tempo, claro que se pode. Con todo, unha da primeiras cousas que cómpre aprendermos, é deixarmos atrás as ilusións de chegarmos un día á perfección. Ese día nunca vai chegar. Non porque estamos errados, malos ou estúpidos, non: simplemente, é a nosa natureza humana. Nas actuaciόns humanas, a perfeciόn non existe. A finais de xaneiro do 2019, durante unha pausa para o café nunha conferencia de historia da lingüística en París, estaba a falar sobre isto cun simpático colega belga. Lembro que, nun momento, el afirmou que, ao sermos lingüistas, nos doe non chegar á perfección no dominio dun idioma, en particular os nosos idiomas nativos (no seu caso, o holandés, no meu, o italiano). Eu contesteille que non hai razón por que sexa así. Pola contra, como lingüistas, sabemos que non é posíbel falar un idioma perfectamente, porque, na verdade, a perfección non existe. Creo que este principio se aplica a calquera ámbito da vida.

Os lectores que seguen este blogue dun xeito regular, saben que a miúdo fago referencias á meditación e, en particular, ao mindfulness. Non vou profundar nos detalles do asunto, porque se necesitaría moito máis que un artigo dunhas mil palabras, mais para resumir poderiamos dicir que se trata dun camiño cara a atención plena, para aprendermos a vivir o momento presente sen apegármonos aos miles de pensamentos que temos durante os nosos días. Ben, é un camiño no cal caín un millόn de veces e sigo a facelo. Ás veces, paréceme non ter dado ningún paso adiante. Pόñome a meditar 20 minutos, supostamente, mais non consigo parar a miña tormenta de pensamentos por máis dalgúns segundos. É incribelmente frustrante, non vos vou dicir que non o é. Xa, poucas cousas danme máis irritaciόn ca isto: ter ben clara a teoría, pero fallar na práctica. A miúdo, síntome culpábel. Hai algo contraditorio nisto: mesmo na práctica dunha disciplina que ensina a non xulgar, sigo a xulgarme a min mesmo. Paradoxo? Si. Con todo, sexa como for, é normal. Teño 36 anos e pasei a gran maioría da miña vida a ser o meu peor inimigo: non sei cantas veces, ao lanzarme con ilusiόn a un proxecto, tamén me comprometía coa súa sistemática sabotaxe. Non sorprende, entόn, que a maioría das miñas iniciativas fracasasen totalmente. Gustaríame dicirvos que hoxe xa non me pasa; porén, sería mentira: cando non consigo fixar a miña atenciόn no momento presente, volto a facer a devandita acciόn sabotadora. Deixarmos hábitos tan arraigados dentro de nόs é dificilísimo, é algo que precisa dun esforzo consciente cotián moi grande. Por isto, cόmpre aprendermos a perdonarnos, a non sentirnos culpabeis polos nosos erros, grandes e pequenos. Decatármonos de que cometemos un erro xa é un bo resultado. Significa que desactivamos o piloto automático que demasiado a miúdo toma o control da nosa vida.

Somos humanos e, ao sérmolo, non temos posibilidade ningunha de vivir unha existencia sen erros. Claro, dos erros podemos aprender. Aínda así, hai erros que voltaremos a cometer unha e outra vez, antes de conseguirmos aprender. É normal, non todos os erros son iguais. A vida é aprendizaxe, a vida é unha viaxe: non creo que haxa un punto de chegada. Hai que desaprender este costume a xulgarmos todo e todos, incluindo a nόs mesmos, un hábito que tanto dano nos fai. É difícil, é un camiño que ás veces me parece case imposíbel. Doume conta, moi a miúdo, de ter pensamentos moi negativos sobre min mesmo. Afortunadamente, decatarme disto axúdame a lembrar que todo isto non é certo, que é o resultado de anos, décadas dun tόxico condicionamento social. Estamos tan afeitos á cultura do xuízo que nin sequera nos damos conta dos danos enormes que nos fai. A todos. Seguimos a facernos mal a nόs mesmos e aos demais comparándonos baseándonos en criterios establecidos por unha sociedade que, na verdade, a miúdo fai o mal dos individuos que a compoñen. Ensínannos a avaliarnos en lugar de valorarnos. Isto é a raíz de moito do sufrimento que complica as nosas vidas. Claro, hai persoas máis sensibeis que outras: estas son as que van padecer máis esta situaciόn. Pero a culpa non é a súa. Cόmpre aprendermos a recoñecer estas voces críticas que sentimos no noso interior e deixar de escoitalas: están en nόs, falan en nόs, mais non son as nosas, senόn que penetraron dentro de nόs cando eramos tan pequenos que nin sequera podiamos darnos conta do que estaba a pasar. Cόmpre aprendermos a ver as cousas boas en nόs. E perdoármonos polos nosos erros. E aprender a perdoar, tamén, aos demais. Porque, ao cabo, non somos tan diferentes como frecuentemente cremos. Xa teño planeado outro textiños sobre os danos terribeis desta cultura do xuízo, na que se arraigan moitas feridas abertas da nosa sociedade. Porén, agora mesmo, rézoche que lembres estas palabras: non hai nada malo en ti e calquera voz interior que che diga o contrario non é realmente a túa. Introducírona en ti pola forza antes de que tiveses a posibilidade de decatarte da súa existencia e rexeitala. Non hai nada malo en ti, non hai nada malo en nόs.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: